martes, 6 de noviembre de 2018

Música galega

  ↞ Brais Morán ↠


Brais Morán é un guitarrista e vocalista galego de pop que naceu en Ourense.
El explora o rock máis persoal onde as vivencias e as paisaxes da Costa dá Morte son os protagonistas.
Foi gañador dun Premio Martin Codax da música deuse a coñecer como o cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin.
Brais constrúe agora outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decide coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que tentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual.

Entre os músicos que deixaron pegada e que teñen influencia no estilo de Brais Morán atopamos desde Narf ata Lenine, Toquinho, referencias brasileiras, ata a pegada africana de Dobet Gnahoré ou Salif Keita'.Tamén cita ao grupo galego Berrogüeto, o folk irlandês e a tradición gaélica.
 Información:http://musicaengalego.blogspot.com/2014/12/brais-moran.html